dimarts, d’abril 08, 2008
[ gz ] A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais.
Intro
A actual globalización dos sistemas de educación superior ameaza con anular todo espazo de crítica e disenso; a tecnocratización dos contidos, a elevada precarización de estudantes e investigadores, os réximes de propiedade intelectual privativos e as complexas xerarquías obstaculizan gravemente as posibilidades de oposición e alternativa á universidade neoliberal.
A complicada apertura dese espazo político outro, no que producir un saber común a partir do noso desexo de autonomía, horizontalidade e participación, anima esta asemblea desde comezos do presente ano académico.
Para os días 18 e 25 de abril temos introducido na oferta formativa do campus unha pequena interferencia, a nosa primeira experiencia de autoformación; “A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais”, un seminario adicado ao mapeo dos territorios e as lóxicas da sociedade de control contemporánea e os novos movementos sociais que desde ela interrogamos as nosas posibilidades.
Organiza: Asemblea de Precarias en Formación
Para ver o programa clica aquí